Galego

Como podo recuperar a miña achega? Existe algún período mínimo de permanencia?

Para recuperar a achega de Coop57 débese solicitar poñéndose en contacto coa súa sección territorial. Non existe ningún tipo de período de permanencia para as achegas de diñeiro que se realizan a Coop57. Pódense recuperar en calquera momento que se desexe sen ningún tipo de custo ou penalización.

Galego

Como poden pedir financiamento as entidades?

Como cooperativa de servizos financeiros, Coop57 só pode traballar con persoas e entidades socias. Polo tanto a figura do cliente non existe en Coop57. Dos tipos de socias que existen na cooperativa, son as entidades socias de servizos as que poden pedir financiamento, co que para pedir financiamento en Coop57, primeiramente, se debe se socia de servizos da cooperativa.

Galego

Como funciona o proceso de admisión das entidades socias de servizos?

Para converterse en socio de servizos de Coop57 débense seguir os seguintes pasos:

1) A entidade debe encher a solicitude de alta como socios, e un cuestionario social. A finalidade deste cuestionario é que Coop57 teña elementos para valorar os aspectos xerais da entidade.

Galego

Cales son os requisitos para ser socio de servizos de Coop57?

  • Poden ser socios de Coop57 as cooperativas, asociacións, fundacións, empresas de inserción e outras entidades da economía social e solidaria que realicen unha actividade económica de forma autónoma e sobre a base de criterios de democracia económica, e que compartan os principios de finanzas éticas e solidarias de Coop57.
  • Para ser entidade socia de servizos débese realizar un proceso de avaliación social do que resulta un informe.
Galego

Páxinas