Contacto: 
881 965 692
direccion@ecosdosur.org
www.ecosdosur.org
Dirección: 
Avda.Finisterre 109
15004
A Coruña

Ver mapa >>

Sección territorial :

Forma xurídica :

Sector de actividade: 

 

Descrición da entidade: 

Ecos do Sur é unha ONG que forma parte dun movemento cidadán aberto, aconfesional e diverso, no que un grupo de persoas actuamos por, con e para as persoas, compartindo, difundindo e enriquecendo una mesma misión, visión e valores. 
Desde 1991, a nosa porta está sempre aberta para os colectivos en risco de exclusión, como mulleres vítimas violencia de xénero ou de trata, persoas inmigrantes, parados/ as de longa duración, familias en risco de desafiuzamento… Estamos alí onde se necesita. 
Deseñamos e desenvolvemos con máxima eficacia proxectos innovadores de alto impacto, que xeran benestar social verificable e mensurable. Desde as nosas sedes na Coruña e Madrid estendemos as nosas accións por todo o Estado e operamos tamén a nivel internacional no ámbito da cooperación. 
Ademais, ofrecemos servizos profesionais gratuítos ás persoas que máis o necesitan: apoio para atopar emprego, formación, asesoría xurídica e en traballo social, asistencia sociosanitaria e psicolóxica, sensibilización en interculturalidad... Máis de 10.000 usuarios/ as regulares e decenas de miles de beneficiarios/ as teñen unha historia positiva que contar con Ecos do Sur.

Servizos / Produtos: 

- Acollida- Servizo de orientación e intermediación laboral.- Servizo de asesoramento xurídico especializado en estranxeiría.- Atención sociosanitaria.- Atención psicolóxica e de saúde mental.- Mediación intercultural.- Formación para a integración e ocupacional.- Emprendemento social.- Sensibilización.- Educación para o desenvolvemento.- Cooperación internacional.

Imagen1 Ecos do Sur