981 422 288
aspromor@aspromor.org


A Asociación Pro-Minusválidos do Ortegal (Aspromor) nace en 1984 por iniciativa dun grupo de pais/nais para atender ás necesidades de apoio das persoas con discapacidade intelectual da Comarca do Ortegal. O seu ámbito de atención abarca os Concellos de Ortigueira, Cariño e Mañón. Destos Concellos proceden os usuarios que diariamente se atenden no Centro Ocupacional Aspromor que se atopa no Paseo de Barro Soto en Ortigueira con capacidade para 40 usuarios/as.

635939533
info@sementetrasancos.gal

Asociación cultural que fan de escola de ensino do galego, dos 2 aos 6 anos. Traballan desde os valores da coeducación, o laicismo, o asamblearismo, a interacción coa natureza, a integración da escola co barrio e a comunidade, e o respecto para a autoregulación da crianza. A escola está situada en Trasancos e forma parte dun conxunto de iniciativas similares a outras cidades galegas.

722 342 658
aventeira@aventeira.com

Educar no tempo libre a través de accións educativas transformadoras, que aporten ferramentas ás persoas para construír espazos de coidados e de liberdade, achegando alternativas de ocio de calidade, educando en valores e promovendo o crecemento persoal e colectivo, así como a convivencia baseada na escoita e no diálogo.

886116675
eibarquitovelero@gmail.com

Cooperativa formada por un equipo novo, altamente preparado e con ampla experiencia. Enténdese a educación infantil como unha continuación do ambiente familiar. A prioridade é proporcionar aos nenos e nenas o agarimo e a seguridade necesarios para que experimenten e manifesten as súas emocións, desde os seus propios ritmos evolutivos e cunha axuda e atención personalizada, facendo posible que desenvolvan os obxectivos desta etapa que farán que sexan homes e mulleres no futuro, íntegros e felices.

669 695 824
administracion@catroventos.gal

Editorial en galego sobre temáticas relacionadas coa economía social, ecoloxía, educación alternativa, consumo responsable e dereitos humanos. Presta tamén todo tipo de servizos editoriais, tales com edición, corrección, deseño e maquetación.

981589269
anton.insua@cidadania.coop

A utilidade social e a busca dun maior benestar social para o conxunto da poboación é a idea central que guía a nosa actividade. A nosa aposta pola participación, a innovación ou o desenvolvemento da economía social van encamiñados a satisfacer necesidades reais que se lle presentan a nosa sociedade. Desde 1999 fumos quen de consolidar un equipo de referencia no ámbito da participación cidadá, no deseño de políticas públicas, investigacións sociais, e intervencións organizativas.

639 54 710
coordinador@tameiga.com

Entidade que xestiona as terras comunais dos e das veciñas da parroquia de Tameiga, defendendo a súa multifuncionalidade cunha explotación sostible. Tamén un Centro Cultural e Deportivo cunha ampla oferta para lecer e desfrute da veciñanza.

661 293 279
diego@coma.gal

Entidade cun modelo de organización horizontal e cun xeito de traballo colaborativo, que favoreza creatividade, o traballo en rede e a calidade, cun emprego digno e estable, centrada na prestación de servizos de comunicación entendida coma un proceso integral.

986233497
info@arbore.org

Cooperativa de Consumidoras, insertase no funcionamiento e promoción da Economía Social e os seus principios fundamentais. Ademais da propia actividade da cooperativa, existe unha colaboración continuada no tempo con otras entidades sociais de diferentes sectores como as finanzas éticas, a loita antitransxénicos e a colaboración con outros grupos de consumidoras.

981585189
sensibilizacion@galiciasolidaria.org

Somos unha plataforma social e política de ONG de Desenvolvemento comprometidas coa consecución da xustiza social e o fin das desigualdades globais que traballan dende Galicia para construír un modelo de cooperación transformadora baseado no desenvolvemento sustentable e no enfoque feminista e de dereitos humanos.

Páxinas