Entidades
7H somos una empresa cooperativa dedicada a la creación y la acción cultural, así como a la formación y promoción en economía social. Conformada por creadoras, agentes y educadoras de muy distintas disciplinas, trabajamos conjuntamente en la creación de proyectos globales por y para las personas.
Produción artesanal de fariña nixtamalizada a partir de millo ecolóxico de procedencia local
Xestión do complexo deportivo e de lecer do Beque, de titularidade municipal, para poñelo ao servizo da cidadanía, co servizo de hostalaría, albergue turístico, pistas deportivas, e organización de eventos sociais, deportivos, coma culturais.
Consultoría empresarial e da economía social e solidaria, que promove a ESS e fai deseño de plans de promoción laboral. Traballan tamén ofrecendo servizos de consultoría en diversidade e igualdade de xénero, ofrecendo formacións. Fan asesoramento ás organizacións que as consultan.
Tenda de comercio polo miúdo de produtos de primeira necesidade, preferentemente de produción responsable e consciente, tanto de alimentación como de hixiene e limpeza
Rexenta unha cafetería que ao tempo é un espazo implicado coa comunidade e comprometido co medio ambiente e o benestar animal, que dea oportunidade aos gatos de ter unha vida digna e atopar unha familia.
Aldea Ingegral SCG é unha cooperativa de produción e consumo, é dicir, unha empresa de índole social, formada por un grupo de persoas que nos xuntamos para empoderarnos como consumidoras, agricultoras e traballadoras.
A través da fórmula cooperativa acedemos a unha alimentación sana, accesible e xestionada por nós mesmas, cultivando os nosos propios alimentos nas nosas propias hortas e mercando colectivamente outros produtos que precisamos.
A nosa misión é a de contribuír a mellorar a calidade da xestión e dirección no sector da economía social, xerando eficiencia e confianza a través de servizos especializados e integrais. A visión de Algalia é ser recoñecidos como especialistas en servizos de asesoría e consultoría no sector da economía social en España.
Amigas da Terra é unha asociación ecoloxista que ten como misión o fomento do cambio local e global cara unha sociedade más respectuosa co medio ambiente, xusta e solidaria.
A Asociación Amizade é unha asociación de persoas con discapacidade da comarca de Pontevedra que ten como misión principal conseguir a plena inclusión das persoas con discapacidade en tódolos ámbitos da sociedade, a través da defensa e promoción dos seus dereitos, da reivindicación do cambio social, da potenciación do asociacionismo e da prestación de servizos que satisfagan as súas necesidades e expectativas.