Biziola: a financiación máis grande que se deu en Euskal Herria.

Fai case tres anos anunciamos a apertura de Biziola, sinalando que Koop57 estaba presente desde os primeiros pasos do proxecto. Hoxe queremos anunciar que en conxunto, fíxose un gran salto; Biziola adquiriu a Fábrica grazas ao financiemento de 700.000 € de Koop57, grazas a todas as persoas e entidades que aforrades en Koop57. Grazas a ti!

Pasaron xa máis de cinco anos desde que Biziola, unha rede que pon a vida en centro e fomenta a Economía Social Transformadora, comenzou o seu camiño; cinco anos desde que un grupo de mozos e mozas do Goierri puxéronse a traballar para que a comarca fose un lugar máis habitable, sustentable e economicamente equilibrado. Agora, Biziola, a Fábrica da Vida como indica o seu nome, está en marcha, en Lazkao, no espazo que hai uns anos era a empresa Arruabarrena. E xa é unha rede de case medio milleiro de persoas e entidades socias que comparten ese obxectivo.

Biziola é unha cooperativa sen ánimo de lucro e de iniciativa social que se compón pola cidadanía da comarca do Goierri, entidades da Economía Social Transformadora e demais axentes próximos. O seu obxectivo é pór en marcha proxectos concretos cara a un Goierri máis soberano, sustentable e equilibrado.

A Fábrica consta de cinco espazos. De momento, o que máis desenvolveron é a soberanía alimentaria, xa que puxeron en marcha un espazo para a loxística de recollida e distribución de produtos locais. Co segundo espazo, pretenden ser un lugar para adquirir produtos, concienciar, educar e crecer no camiño da agroecoloxía, e xa constituíron unha rede de case 30 produtores do Goierri. Tamén está en marcha un espazo de transformación de produtos no que, polo momento, hai un obradoiro de repostería. A cuarta zona foi denominada praza aberta, xa que a utilizan para realizar conferencias, talleres, mesas redondas, teatros e pequenos concertos, para coñecer, sentir e vivir mundos máis habitables. O último espazo está aínda por construír pero xa teñen varios pasos dados: queren converter a planta alta da Fábrica nun espazo de traballo e un viveiro de novos proxectos que traballan na Economía Social Transformadora. Están transformando a Fábrica, para transformar Goierri, para transformar Euskal Herria, grazas aos nosos aforros.

Sale en portada general: