Os aforros fanse en forma de achegas ao capital social da cooperativa. Hai unha parte obrigatoria (300 euros) que é a cantidade mínima establecida para estar dada de alta como socia colaboradora de Coop57.
Estes 300 euros deben manterse aforrados mentres formes parte da cooperativa e devólvense se solicitases a baixa. Non se trata de ningunha cota ou gasto. É un saldo mínimo que debes manter aforrado en Coop57 para ter a condición de socia colaboradora de Coop57.
O resto do aforro considérase achega voluntaria. Podes dispor deste diñeiro en calquera momento sen causar baixa. Tamén podes facer novas achegas ou solicitar devolucións cando o desexes. E se o prefires, podes programar achegas periódicas automáticas aos teus aforros. A achega voluntaria está suxeita a remuneración que, anualmente, decide a asemblea xeral de Coop57.
Aforrar en Coop57 non implica ningún gasto nin comisión de mantemento.
Actualmente, somos máis de 5.000 socias colaboradoras!
Formulario de alta como socio ou socia colaborador de Coop57