Os aforros en Coop57 destínanse a conceder préstamos exclusivamente a entidades da economía social e solidaria (ESS) que xeran un impacto positivo para a sociedade co desenvolvemento da súa actividade. Trátase de organizacións que superaron unha rigorosa avaliación ética e social para poder darse de alta como socias de servizos da cooperativa e acceder aos servizos financieros de Coop57. Proxectos que traballan para unha economía que constrúe realidades más xustas, equitativas e sustentables.

Como socia de Coop57, recibirás información detallada e regular de todos os proxectos financiados e que uso se lle dá aos teus cartos.

Actualmente, hai más de 1.000 socias de servizos, entre cooperativas, fundacións, asociacións, empresas de inserción social, etc. Durante o ano 2021, Coop57  concedeu máis de 23 millóns de euros en novos préstamos, grazas ás achegas das socias.

 

Sen o teu aforro, todo isto non sería posible!