• Está integrado polas persoas que realizan a xestión diaria de Coop57 en todas as seccións territoriais.
  • Desenvolve as súas tarefas en función do plano de traballo anual aprobado na Asemblea Xeral.
  • Responsabilízase da execución, o seguimento e o control dos créditos concedidos.
  • Propón novos servizos financeiros, tanto de activo como de pasivo, ante os órganos sociais de Coop57 (Asemblea, Consello Reitor e Comisión Delegada do Consello Reitor).
  • Supervisa a xestión de proxectos nas diferentes áreas.
  • Leva a cabo a administración e a contabilidade da cooperativa.
  • Encárgase da xestión da oficina (atención telefónica, convocatorias, correspondencia etc.) así como da atención a socios e socias.