O Programa da UE para o Emprego e a Innovación Social (EaSI) é un instrumento financeiro a escala da UE, cuxo obxecto é promover un elevado nivel de emprego de calidade e sustentable, que achegue unha protección social correcta, combata a exclusión social e a pobreza e mellore as condicións de traballo.

O eixo de Emprendemento Social, ao que Coop57 accedeu, presta apoio para o desenvolvemento de empresas sociais, en particular facilitando o acceso ao financiamento.

 

Garantía EaSI

A Garantía EaSI apoia o desenvolvemento de empresas sociais, facilitándolles o acceso a financiamento a través de mecanismos de garantía sobre os préstamos. Trátase dunha garantía financiada pola Unión Europea baixo o Programa de Emprego e Innovación Social (EaSI).

  • Importe máximo do préstamo: 500.000 euros (ata un máximo agregado de 1M de euros).

 

Quen poden acollerse á Garantía EaSI?

Todas as socias de servizos de Coop57 poderán acollerse a estas garantías se Coop57, nos seus procesos de análises e avaliación, o considera oportuno e sempre que a entidade cumpra os seguintes requisitos:

  • Facturar menos de 30 millóns e/ou ter activos en balance menores a 30 millóns.
  • Non distribuír máis dun 33% de beneficios nos 3 últimos exercicios.
  • A entidade debe acreditar que a súa actividade ten unha finalidade social.

 

 

 

 

“La financiación cuenta con el apoyo de la Unión Europea en el marco del instrumento de garantía establecido de conformidad con el Reglamento (UE) nº 1296/2013 del Parlamento Europeo y del Consejo, relativo a un Programa de la Unión Europea para el Empleo y la Innovación Social («EaSI»)”.

«Esta garantía está financiada por la Unión Europea en el marco del Programa para el Empleo y la Innovación Social («EaSI»).

«La presente financiación disfruta de una garantía financiada por la Unión Europea con arreglo al Programa de la Unión Europea para el Empleo y la Innovación Social («EaSI») y el Fondo Europeo para Inversiones Estratégicas («FEIE»), establecido en el marco del Plan de Inversiones para Europa. El FEIE tiene por objeto contribuir a apoyar la financiación y la aplicación de inversiones productivas en la Unión Europea y garantizar un mayor acceso a la financiación.»

Máis Información en:

http://ec.europa.eu/social/EASI

http://ec.europa.eu/social/socialentrepreneurship

https://www.eif.org/easi/