Somos unha cooperativa de servizos financeiros e, como tal, non somos un banco. Non ofrecemos operativa cotiá -tarxetas, domiciliaciónss de nóminas ou facturas, caixeiros, etc.-, senón un espazo de aforro para persoas físicas e un servizo de financiamento para entidades que se fagan socias da cooperativa.
Isto non quere dicir que non poidas xestionar o teu aforro e ter unha operativa asociada posto que poderás facer novas achegas e/ou solicitar devolucións sempre que o queiras ou o necesites. Simplemente, é necesario que manteñas unha conta corrente de referencia. Por exemplo, se queres retirar parte da túa achega, realizaríase a través dunha transferencia bancaria na túa conta corrente.
Para levar a cabo esta operativa asociada ao teu aforro, ver o estado da túa achega, consultar o histórico de movementos, ver os rendementos anuais ou dispor da información fiscal, poderás usar unha OFICINA VIRTUAL que está a disposición dos socios e socias de Coop57.