Poden ser socias de servizos de Coop57 as cooperativas, asociacións, fundacións, empresas de inserción e outras entidades da economía social e solidaria que realicen unha actividade económica de forma autónoma e que, na base da súa actividade, xeren impactos positivos e/ou acheguen valor engadido ao conxunto da sociedade.
Non poden ser entidades socias de servizos persoas individuais nin formas xurídicas simplemente mercantís, tales como unha S.L. ou unha S.A.
A forma xurídica en Coop57 é un aspecto importante. Desexamos fomentar modelos económicos que representen modelos colectivos e cooperativos onde a estrutura organizativa sexa horizontal e democrática e onde o reparto da riqueza xerada a través da actividade da entidade sexa repartida da maneira máis equitativa posíbel.
Formas xurídicas aceptadas:
- Asociación
- Autónomo/a (condicións excepcionais)
- Cooperativas de todo tipo
- Empresa de Inserción
- Fundación
- Sociedade Agraria de Transformación
- Sociedade Anónima Laboral
- Sociedade Limitada Laboral
- Montes Veciñais en Mancomún