Coop57 é unha cooperativa e por tanto as súas decisións tómanse de forma colectiva e democrática. Organízase por seccións territoriais e existen órganos de decisión a dúas escalas: no ámbito xeral e no ámbito da sección territorial.
 
Ámbito xeral:
 
A Asemblea Xeral é o órgano de decisión máximo da cooperativa. Entre outras funcións, escolle o Consello Reitor, aproba as contas e o plan de traballo, e decide as liñas estratéxicas da cooperativa, os criterios éticos e os prezos. Está conformada por unha delegación de socias que emanan de todas as seccións territoriais.
 
O Consello Reitor é o órgano social de representación e goberno da cooperativa. É o órgano encargado da aplicación do plan de traballo aprobado en asemblea e aproba a incorporación de novas socias de Coop57, entre outras tarefas.
 
Ámbito de sección territorial: 
 
A asemblea de sección é o órgano soberano de cada sección e nomea o seu Consello de Sección. É o espazo de participación directa de todas as persoas e entidades socias da cooperativa. As súas deliberacións e decisións trasládanse á Asemblea Xeral.
 
O Consello de Sección é o órgano de representación, goberno e xestión da sección territorial. É escollido por todas as persoas e entidades socias da súa sección territorial. Entre outras tarefas, aproba a concesión de novos préstamos e propón ao Consello Reitor a incorporación de novas socias.
Galego

Tipo de pregunta:

Número: 
10