Coop57 é unha cooperativa de servizos financeiros éticos e solidarios que ten como obxectivo principal contribuír á transformación social da nosa economía e da nosa sociedade. 

A súa función principal é o financiamento de proxectos de economía social e solidaria a través da intermediación financeira. Isto significa recoller e captar o aforro da sociedade civil para poder canalizalo cara ao financiamento de entidades da economía social e solidaria que promovan a ocupación, fomenten o  cooperativismo, o asociacionismo e a solidariedade en xeral, e promovan a sustentabilidade sobre a base de principios éticos e solidarios.

Coop57 é unha organización democrática e de base asemblearia formada por persoas e entidades da economía social e solidaria. A entidade é propiedade de todos os seus socios e socias que se autoxestionan e organizan para a xestión da cooperativa.

Galego

Tipo de pregunta:

Número: 
1