Sección territorial :
Forma xurídica :
Ecos do Sur é unha ONG que forma parte dun movemento cidadán aberto, aconfesional e diverso, no que un grupo de persoas actuamos por, con e para as persoas, compartindo, difundindo e enriquecendo una mesma misión, visión e valores.
Desde 1991, a nosa porta está sempre aberta para os colectivos en risco de exclusión, como mulleres vítimas violencia de xénero ou de trata, persoas inmigrantes, parados/ as de longa duración, familias en risco de desafiuzamento… Estamos alí onde se necesita.
Deseñamos e desenvolvemos con máxima eficacia proxectos innovadores de alto impacto, que xeran benestar social verificable e mensurable. Desde as nosas sedes na Coruña e Madrid estendemos as nosas accións por todo o Estado e operamos tamén a nivel internacional no ámbito da cooperación.
Ademais, ofrecemos servizos profesionais gratuítos ás persoas que máis o necesitan: apoio para atopar emprego, formación, asesoría xurídica e en traballo social, asistencia sociosanitaria e psicolóxica, sensibilización en interculturalidad... Máis de 10.000 usuarios/ as regulares e decenas de miles de beneficiarios/ as teñen unha historia positiva que contar con Ecos do Sur.