Xa hai tempo que, ano tras ano, recorremos a utilizar a frase “un ano de récord”. 2023 non foi una unha excepción. 34 operacións financeiras por valor superior aos 26 millóns de euros

O pasado mes de xuño celebrouse a asemblea xeral ordinaria de Coop57 onde se pecharon e aprobaron oficialmente as contas de 2023. Xa hai tempo que, ano tras ano, recorremos a utilizar a frase “un ano de récord”, que supera ao anterior e sempre desde un crecemento sostido e sostible. 2023 non foi una unha excepción.

O ano pasado aprobáronse 334 operacións financeiras por valor superior aos 26 millóns de euros en sectores tan diversos como a vivenda, a cultura e as artes; a educación, a alimentación, a transición enerxética ou a mobilidade sostible; así como centos de entidades sociais que se dedican á atención a persoas vulnerables e colectivos vulnerados.

Tan só nos últimos 5 anos Coop57 concedeu máis de 1.500 préstamos por un valor conxunto de máis de 110 millóns de euros. En contraste absoluto, durante os primeiros 5 anos de historia de Coop57 –entre 1995 e 2000– concedéronse 29 préstamos por un valor agregado de 410.000 euros. A acción transformadora –é evidente– multiplicouse exponencialmente grazas á base social de Coop57, conformada actualmente por 5.500 persoas que saben do impacto positivo que teñen o seu diñeiro ao servizo dun sistema financeiro ético e solidario e por 1.200 entidades da economía social e solidaria que traballan día a día para cambiar o centro de gravidade do sistema económico e social cara a realidades máis xustas, sostibles e solidarias.

O saldo vivo de préstamos en curso –a parte de préstamos aínda pendentes de devolver– marcou tamén unha cifra histórica no 2023, superando os 40 millóns de euros, o dobre que en 2019. En tan só 5 anos incrementáronse un 100% os recursos en mans das entidades da economía social e solidaria. E, de momento, a tendencia segue igual: ao peche do primeiro semestre de 2024 esta cifra se sitúa xa preto dos 43 millóns de euros.

Para seguir tecendo anos de ‘récord’ ao servizo da transformación social, será necesario seguir traballando desde o rigor, a solidariedade e o convencemento cotiáns de que é necesario ter ferramentas financeiras sólidas que dean cada vez máis e mellor apoio a todas as iniciativas socioeconómicas transformadoras. Entre todas as que estamos e todas as que estarán, seguirémolo facendo. Este é o noso compromiso permanente.

Sale en portada general: