Si es parte de Coop57, crees nos valores do cooperativismo, a solidariedade, o apoio mutuo, o ecoloxismo, o asamblearismo, a autoxestión, os feminismos, o antirracismo e o arraigamento no territorio. Por iso, decidiches que queres contribuír a un mundo máis xusto e sustentable a través das finanzas éticas.

Ademais, quizais non o sabes, pero este 2020 celebras vintecinco anos de transformación social. Este ano, Coop57 cumprimos un cuarto de século! 25 anos apoiando á economía social e solidaria a través dos nosos servizos financeiros.

Agora somos unha familia extensa: preto de 5.000 socias colaboradoras e case 1.000 socias de servizos. Concedemos miles de préstamos nestes anos. Sen a vosa confianza e implicación, non sería posible.

Así que che escribimos para felicitarche por todo o bo traballo e para dicirche que os anos, no canto de envellecernos, renóvannos as forzas. Temos máis ganas que nunca de tecer redes, de construír alternativas. De apoiar a quen estades perseverando, sexa como parte da ESS, no asociacionismo, nos movementos sociais, no Terceiro Sector ou desde o consumo responsable. En Aragón, Andalucía, Asturies, Catalunya, Euskal Herria, Galiza, Madrid e en tantos outros territorios. E tamén desde ferramentas renovadas, como a Fundación Coop57.

Porque xuntas fixemos posible moitas cousas que parecían imposibles. E querémolo seguir facendo. Por moitos anos de Coop57!

P/D: pronto che iremos informando de como pensamos celebrar estes vintecinco anos.