O pasado mes de outubro lanzamos a campaña A fondo. Dirixida a toda a base social de Coop57, a emisión quería conseguir 1,5 millóns de euros en achegas voluntarias co obxectivo de incrementar os fondos propios de Coop57 e así reforzar a solvencia financeira da cooperativa.

Os fondos propios son un elemento esencial para determinar a fortaleza dun proxecto, xa que determinan a capacidade de facer fronte en todo momento aos riscos vinculados á súa actividade. No caso de Coop57, o risco da actividade financeira é fundamentalmente a posible morosidade ocasionada por entidades que non poidan devolver os préstamos que recibiron. O Barómetro 2023 das Finanzas Éticas no Estado español, elaborado por FETS, sitúaa a Coop57 encabezando a clasificación do compromiso cos principios éticos e solidarios –cun grao de cumprimento do 98,5%. O Banco de España lembra que a media de morosidade da banca convencional se sitúa nun 4,29%. No caso de Coop57 descende ata o 1,67%.

No últimos cinco anos, a nosa actividade financeira experimentadou un crecemento espectacular, duplicando o saldo de préstamos en curso. Ao tempo, a evolución dos fondos propios tivo un ritmo de crecemento inferior, ao redor do 30%. Para seguir mantendo uns niveis altos de solvencia, era necesario dar un impulso importante ao crecemento dos fondos propios e, así, manter unha boa proporción entre ambas as variables.

O obxectivo era ambicioso: conseguir 1,5 millóns de euros en achegas. Un compromiso co corazón de Coop57, achegas estables que permiten seguir co desenvolvemento dun proxecto ao servizo da transformación social, ecolóxica, feminista, antirracista e económica.

A resposta foi desbordante. Pensaramos nun período de 45 días e a resposta chegou nun só día. En 27 horas completouse toda a emisión. Un respaldo impresionante que demostra que o auténtico tesouro de Coop57 é a súa base social.

Completar este obxectivo permitiu dar un salto cualitativo e cuantitativo na evolución dos fondos propios, mellorando significativamente a súa evolución e a proporción respecto ao saldo de préstamos en curso, situándoo por riba do 12%. Na seguinte táboa pódese ver, en azul, o salto positivo que xerou a emisión.

Pero o reto non acaba aquí. Aumentar os fondos propios con esta emisión permítenos asentar as bases para o crecemento futuro. E o crecemento futuro –que non significa nada máis que a capacidade de conceder novos préstamos– só se poderá levar a cabo co voso compromiso e se seguides confiando en Coop57. Seguir aforrando en Coop57 é dotar de valor o voso diñeiro para ir debuxando desde xa un futuro sustentable, social e solidario.

Sale en portada general: