Durante 2020, a Fundación Coop57 xestionou un volume global de achegas de 524.251,33 euros recollidos en diversas campañas, das que moitas foron realizadas ombro con ombro co tecido cooperativista e os movementos sociais. A fundación foi unha ferramenta ao servizo das necesidades e das iniciativas da ESS, construíndo desde a intercooperación e a solidariedade.
A previsión para 2020 era que sería o ano de relanzamento da Fundación Coop57, no que imaxinar que camiños se querían percorrer e que iniciativas se querían retomar ou refortalecer. Agora ben, como para todo o mundo, o estalido da pandemia supuxo unha viraxe de 180° respecto ás previsións. Superáronse totalmente.
Coa crise socioeconómica e sanitaria, facían falta instrumentos rápidos ao servizo dos movementos sociais e da economía social e solidaria para encher os baleiros que a emerxencia deixou en evidencia. Neste sentido, algunhas das iniciativas onde participou a fundación quixeron pór freo ao impacto da pandemia e outros quixeron reforzar as maneiras de facer propias da ESS, que xa teñen
un longo percorrido.
un longo percorrido.
No inicio do ano, houbo varias campañas previstas para arrincar de novo o traballo da fundación. Como a de Gazpacho Gitano, que se estivera cociñando a lume lento desde antes da implosión da pandemia, pero que se tivo que repensar tendo presente o contexto. A campaña impulsada pola Asociación Cultural Gitana Vencedores, Coop57 Andalucía e a fundación, recolleu 37.826 euros con 425 doazóns. Desde o pasado novembro, a cociña industrial comunitaria xa está en funcionamento, ofrecendo comidas para 70 fogares.
Pero o groso do traballo desenvolvido pola fundación en 2020 foi de resposta directa á crise socioeconómica sanitaria, intercooperando con axentes do cooperativismo e colectivos de base. Fíxose un tecido cunha trintena de entidades redes da ESS catalá, vasca e andaluza, retomando alianzas históricas –con Òmnium Cultural, ECAS e Som Energia, por exemplo– e construíndo novas.
Fixéronse varias campañas en intercooperación, cun total de 4.318 achegas recibidas: a de Bizihotsa (68.168,02 euros), o Fons Cooperatiu ESS (95.096,26 euros) e o Projecte Lliures (282.401,09 euros). No cuarto trimestre, no marco dunha campaña para aumentar a base social da Fundación Coop57, recolléronse 40.858,97 euros con 184 doazóns, que contribuíron a fortalecer a organización
interna e o despregue da fundación.
Con todo o volume de achegas xestionadas, apoiáronse 94 iniciativas, das cales 74 foron para dar resposta directa á emerxencia sociosanitaria. Contouse con iniciativas do ámbito da alimentación comunitaria e da vivenda (39 proxectos); coidados comunitarios (12 iniciativas); a produción de material de protección contra a Covid-19 (9); a inclusión de novos protagonismos na ESS (5); a alfabetización popular (3); o dereito á vivenda (3); o acceso á información comunitaria (2); e da cultura autoxestionada (1). Achegáronse recursos para apoiar a solidez financeira de doce proxectos. Ademais, déronse recursos para oito iniciativas no marco de El Germinador Social, o concurso que quere promover a transición enerxética.
Para 2021, é cabal consolidar unha base estábel de doazóns periódicas para a Fundación Cop57, que facilitaría as condicións de solidez necesarias para continuar xerando alianzas, para continuar abrindo portas ao servizo dos proxectos colectivos e para apoiar proxectos transformadores de base que xa están xerando transformación social. Por todo isto, será necesaria a implicación de todo o mundo para fortalecer a nosa fundación: a de todas as persoas e entidades que conformamos Coop57.
Sale en portada general: