En Coop57 farase horario de verán, polo que se reduce a franxa de atención telefónica. A cooperativa comeza o período de vacacións despois duns meses de traballo moi intenso e adaptándose a un teletraballo inesperado.

Con agosto achegándose, empeza un dos veráns máis estraños que se lembren. É necesario desconectar e repousar o vórtice dos últimos meses. En Coop57 redúcese durante o verán o horario de atención telefónica. Por iso, nas diversas oficinas territoriais serán estes os horarios de chamada:

  • Coop57 Catalunya: das 9 ata as 13:30 horas
  • Coop57 Euskal Herria: das 9 ata as 13:30 horas
  • Coop57 Andalucía: das 9 ata as 13:30 horas
  • Coop57 Madrid: das 9 ata as 13 horas
  • Coop57 Galiza: das 10 ata as 14 horas
  • Coop57 Aragón: das 9 ata as13:30 horas

É importante ter en conta, ademais, que polas medidas preventivas fronte á Covid-19, a atención presencial está limitada a necesidades imprescindibles e só con cita previa. Durante o verán esta atención in situ redúcese aínda máis, xa que por precaución sanitaria xeralmente non se traballará en oficina. Para pedir cita previa presencial, debe facerse por correo electrónico contactando á Sección Territorial de referencia.

Ao mesmo tempo, os órganos políticos tamén farán vacacións as próximas semanas. Poderán recuperar forzas as decenas de persoas que de forma voluntaria fan funcionar o motor da cooperativa participando nas Comisións Sociais e Técnicas, na Comisión Feminista, nos Consellos de Sección, na Comisión Delegada, no Comité de Riscos e no Consello Reitor. A Fundación Coop57 e o seu Padroado tamén farán vacacións. Neste sentido, é posible que algunhas das necesidades ou consultas que se dirixan a Coop57 ou á súa fundación só se poidan atender a partir de setembro.

 

 

Un verán para recuperar forzas

Tanto os órganos políticos como o equipo técnico en todas as Seccións Territoriais fixeron un esforzo moi grande para estar á altura das circunstancias coa crise socioecónomica e as necesidades incrementadas por mor da pandemia. Por poñer un exemplo, máis dun centenar de entidades socias pediron revisións dos prazos dos préstamos ou carencias, aumentos do financiamento e asináronse decenas de novos contratos. Á vez, traballouse para ampliar as alianzas que xeran garantías de cobertura dos riscos. Creáronse ou profundado convenios coa Fundación Seira, AvalMadrid, o Concello de Barcelona, Avalis, o convenio firmado con EaSI de la Unión Europea, Olatukoop...

Pola súa banda, a Fundación Coop57 pechou o semestre acompañando a diversos proxectos e participando en iniciativas de apoio mutuo. Para dar exemplos, colaborou en caixas de resistencia e redes de alimentación que deron resposta ás necesidades urxentes xeradas polo confinamento e o estado de alarma. Seguiu o seu labor na cuarta edición do Germinador Social, un concurso para fomentar a transición enerxética, ao que este ano se presentaron unha trintena de proxectos. E conseguiu superar con éxito o obxetivo do micromecenado #Gazpacho Gitano, recollendo case 38.000 euros que farán realidade unha cociña industrial comunitaria no Polígono Sur de Sevilla.

Todo facendo malabarismos para adaptar a contrareloj ao teletraballo o funcionamento de Coop57 e da súa fundación. No último semestre, a pesar do reto inesperado, todas as persoas que fan posible o traballo de Coop57 deron o seu mellor esforzo para poder superar con fartura as adversidades e reconvertelas en oportunidades transformadoras. Será un verán estraño, pero segue sendo momento de coidar e de coidarse.