
Fronte á situación excepcional do COVID19, reflexionamos desde o cooperativismo. Máis que nunca, é a hora dos coidados, a coresponsabilidad colectiva, a solidariedade e a autodefensa comunitaria. Así como de axudar, desde o apoio mútuo, aos colectivos en risco máis vulnerables.
As recomendacións sanitarias e hixiénicas e os decretos oficiais que modifican a nosa vida cotiá están orientados a gañar tempo para garantir unha resposta sólida, co urxente obxectivo común de atrasar e frear os niveis de contaxio. Todas somos imprescindibles.
A situación é excepcionalmente nova no territorio europeo. Pero estes días poñemos, máis que nunca, a vida no centro. Coidádevos, coidade, coidémonos e que vos coiden.
No ámbito operativo, todas as oficinas de Coop57, seguindo as directrices de prevención das autoridades sanitarias, tomamos medidas para conter a propagación do COVID19 e minimizar a exposición ao risco das diferentes persoas implicadas.
As principais medidas son:
- Continuamos traballando para garantir a operativa básica de todas as socias, sexan colaboradoras ou de servizos.
- Canle de comunicación principal: por correo electrónico
- A oficina virtual funciona con normalidade
- Non se fará atención presencial en oficina
De momento, todas estas medidas teñen vixencia desde o luns 16 ata o venres 27 de marzo de 2020. A partir da evolución dos acontecementos estes días, seguiremos informando. Grazas a todas as persoas e entidades que facedes posible Coop57.
Todas as oficinas de Coop57 seguen operativas de forma telemática. Para contactar coa vosa secretaría, aquí tedes os correos electrónicos das Seccións Territoriais:
- Coop57 general: coop57@coop57.coop
- Coop57 Aragón: aragon@coop57.coop
- Coop57 Andalucía: andalucia@coop57.coop
- Coop57 Asturies: asturies@coop57.coop
- Coop57 Catalunya: catalunya@coop57.coop
- Coop57 Euskal Herria: koop57eh@coop57.coop
- Coop57 Galiza: galicia@coop57.coop
- Coop57 Madrid: madrid@coop57.coop