Co inicio do curso 2019-2020 hai varias tarefas e retos da Comisión Feminista en Cataluña que se queren retomar ou pór en marcha após a pausa do verán. Por exemplo, temos a proposta de xerar este ano espazos de debate, reflexión e creación de coñecemento na cooperativa coa participación das socias.

Nesta liña, hai dous debates propostos para facer en sesións monográficas. O primeiro tema que se quere abordar é o ámbito financeiro desde unha perspectiva ecofeminista. Cal é a nosa visión do diñeiro, da débeda ou da economía? Por outro lado, o segundo tema que xera moito interese pola súa enorme vixencia e necesidade crecente na cotiandade, é a da socialización dos coidados. Como organizarnos socialmente para responder ás necesidades de coidados e á corresponsabilización? Que quere dicir e que implica unha organización social feminista dos coidados e as tarefas reprodutivas?

Como segundo grande ámbito de traballo, a comisión quere actualizar e revisar que protocolos internos hai en Coop57 con perspectiva feminista. Por exemplo, proponse seguir actualizando os cuestionarios sociais que se envían ás entidades que se queren facer socias. O obxectivo é engadirlles algunhas preguntas desde unha mirada interseccional aos outros criterios que se teñen en conta nos procesos de incorporación de socias de servizos. Á vez, quérese poñer en marcha unha necesidade que non se traballou o suficiente: a carencia dun Plan interno de igualdade e tamén dun protocolo de prevención de riscos laborais que inclúa as violencias machistas. A comisión quere tomar este ano a iniciativa de promover a formación en materia en todos os territorios, para facer máis feministas os ámbitos de participación, traballo e toma de decisións.

Finalmente, propúxose un calendario de reunións mensuais con dúas reunións máis amplas de aquí a xullo. As socias colaboradoras poden formar parte se teñen interese, así que desde a Comisión faise un chamamento para convidar ás persoas de todas as seccións territoriais que teñan ganas de traballar

nestes ámbitos dentro de Coop57 -poden pórse en contacto con Eli escribindo a socis@coop57.coop. Tamén para promover a creacion de Comisións Feministas ás diferentes seccións territoriais, posto que o criterio de ámbito local e a riqueza que xera a diversidade é moi importante nestas temáticas.

Comisión Feminista Coop57 Catalunya