Galego

¿Coop57 ofréceme operativa bancaria como contas correntes ou tarxetas de crédito?

Non. Coop57 é unha cooperativa de servizos financeiros éticos e solidarios e como tal, non é un banco. Non temos ficha bancaria nin estamos regulados polo banco central. Isto implica que non podemos ofrecer servizos de banca comercial e polo tanto, non podemos ofrecer contas correntes, nin domiciliacións, nin transferencias a terceiros, tarxetas de crédito/débito, etc. En definitiva, non podemos ofrecer operativa bancaria.

Galego

Podo realizar as miñas operacións e/ou consultas por internet?

Si. Para realizar consultas ou realizar operacións existe unha oficina virtual.

A oficina virtual é un servizo a disposición das socias e socios de Coop57 co propósito de poder realizar consultas e operacións. O obxectivo é axilizar e facilitar os diferentes procesos e operativa para todas as socias e socios.

Galego

Pode recibir unha persoa física financiamento de Coop57?

Coop57 é unha cooperativa de servizos financeiros que só financia proxectos colectivos e con actividade económica co que non se pode financiar persoas individuais. Os préstamos de Coop57 van orientados ás entidades socias de servizos (cooperativas, asociacións, fundacións, etc.) e nalgúns casos excepcionais a persoas autónomas que polas características da súa actividade non poden levar a cabo un proxecto directamente colectivo.

Galego

Como garante Coop57 as achegas económicas dos seus socios e socias?

Coop57 non é un banco e, polo tanto, non dispón da cobertura do fondo de garantía de depósitos do Banco de España. O diñeiro achegado polos socios e socias, incluídos os colaboradores, sono en concepto de capital social e, polo tanto, responden da boa marcha da cooperativa.

Galego

Como garante, Coop57, as devolucións das achegas?

Para garantir a devolución das achegas e dotarse de liquidez abondo, o 15% do total das achegas de Coop57 non poden destinarse a préstamos. Están depositadas en contas de aforro á vista e a curto prazo para poder facer fronte ás todas as solicitudes de devolución que se poida recibir.

Galego

Páxinas