Entidades

Entidade que desde o ámbito da producción audiovisual pretende promover a equidade de xénero e a diversidade en todas as súas dimensións, mediante un emprego inclusivo, que promocione o talento nun espazo seguro de traballo, fomentando o uso do galego e a intercooperación.

Cooperativa de educación ambiental que busca dotar ás persoas de ferramentas e recursos que lles permitan aforrar tempo, diñeiro e desgustos nesta transición enerxética. Buscamos xerar un modelo social alternativo ao predominante no que primen os coidados e o benestar das persoas e do resto de seres vivos.

Contribuír ao desenvolvemento rural sustentable a través da Economía Social, a Produción Responsable e a Innovación, ofrecendo alimentos diferentes, sans, sabrosos, seguros e útiles para sociedade. E iso facéndoo de maneira sustentable social e economicamente.

Ecos do Sur é unha ONG que forma parte dun movemento cidadán aberto, aconfesional e diverso, no que un grupo de persoas actuamos por, con e para as persoas, compartindo, difundindo e enriquecendo una mesma misión, visión e valores.
Desde 1991, a nosa porta está sempre aberta para os colectivos en risco de exclusión, como mulleres vítimas violencia de xénero ou de trata, persoas inmigrantes, parados/ as de longa duración, familias en risco de desafiuzamento… Estamos alí onde se necesita.

Xorde desde a motivación das socias á creación de autoemprego e desenvolvemento profesional nun marco que se identifique con facer un traballo de calidade centrado no benestar tanto das profesionais como das persoas ás que se lles preste atención.

O Centro de Educación Ambiental e Albergue Equal inaugurouse en maio de 2002 no concello de Coles.
A cooperativa está formada por tres persoas que decidiron abandonar as súas profesións como docentes no ensino regrado para iniciar unha nova andadura no eido do ensino non regrado, en particular na Educación Ambiental. Pretenden fomentar e formar nunha mellor relación co contorno e tódolos elementos que o integran, para acadar unha mellor calidade de vida mediante a educación en valores sociais, ambientais e humanos, a creatividade e o achegamento á natureza.

Feitoría Verde nace cun obxectivo a longo prazo: crear un proxecto de autoemprego que xere dinámicas de cambio social a través de procesos socioeconómicos respectuosos co medio ambiente. Articúlase sobre dous eixos:
1. Produción ecolóxica de plantón hortícola.
2. Desenvolvemento de proxectos de educación ambiental e participación cidadá.
Proxecto de autoemprego que ten como actividade principal a compra e venda de flor cortada. Localizada na zona sur da provincia de Pontevedra.

En Flying Fun centrámonos nas persoas e as acompañamos na súa aprendizaxe, axudándolles a despregar as súas ás e voar cunha mochila cargada de habilidades, coñecementos e valores positivos. A través dos nosos obradoiros, favorecemos o desenvolvemento da creatividade e fortalezas individuais, o pensamento crítico, a multiculturalidade,tolerancia e igualdade, á vez que se aprende o idioma (inglés).

A FUN combina un traballo de custodia de legado literario no senso de Patrimonio Cultural, co desenvolvemento sociocultural sustentable do territorio literario do mesmo, do seu País; e o apoio e a internacionalización das iniciativas culturais merecedoras deste, estando entre elas o asesoramento e acompañamento na sua parte económica.