Para recuperar a achega de Coop57 débese solicitar poñéndose en contacto coa súa sección territorial. Non existe ningún tipo de período mínimo de permanencia para as achegas de diñeiro que se facen a Coop57. Pódense recuperar en calquera momento sen ningún tipo de custo, comisión ou penalización.

Aínda así, hai unha diferenza de procedemento entre a parte voluntaria e a parte obrigatoria, se se desexa recuperar a totalidade da achega.

Para explicalo usemos un exemplo: unha persoa ten unha achega de 2.000 euros a Coop57. Destes 2.000 euros, hai 300 euros que son a achega mínima obrigatoria e 1.700 euros que se consideran achega voluntaria.

A persoa socia desexa unha devolución parcial da súa achega: Neste caso pídese a devolución de 500 euros. A súa devolución tería carácter inmediato e a persoa socia seguiría sendo socia cunha achega de 1.500 euros (300 euros de achega obrigatoria e 1.200 euros de achega voluntaria).

A persoa socia desexa unha devolución total da súa achega: Dos 2.000 euros, 1.700 euros devólvense con carácter inmediato. Os 300 restantes, por mor de que a súa devolución implica causar baixa como socia da cooperativa e este capital é considerado achega obrigatoria, a súa devolución ten que ser aprobada e autorizada por parte do consello reitor que se reúne mensualmente. Deste xeito, e dependendo da data de reunión do consello reitor pode tardar algúns días, nunca excedendo o prazo dun mes para recuperar os 300 euros da achega obrigatoria.

Galego

Tipo de pregunta:

Número: 
8