Galego

Para aforrar a Coop57, teño que ser obrigatoriamente socia?

Si. Coop57 é unha cooperativa e como tal opera, exclusivamente, coas súas persoas socias. A figura do cliente, nun sentido estrito, non existe en Coop57 e así, todo o mundo que se relaciona coa cooperativa faio desde a posición de socio ou socia. Por tanto, para poder aforrar en Coop57 débese que ser socia colaboradora de Coop57.

Galego

Ofrecedes operativa bancaria? (contas correntes, tarxetas, domiciliacións)

Non. Coop57 é unha cooperativa de servizos financeiros éticos e solidarios e como tal, non é un banco. Non temos ficha bancaria nin estamos regulados polo banco central. Isto implica que non podemos ofrecer servizos de banca comercial e por tanto, non podemos ofrecer contas correntes, domiciliacións, transferencias a terceiros, tarxetas de crédito/débito, etc. En definitiva, non podemos ofrecer operativa bancaria.

Galego

Podo achegar ou sacar cartos sempre que queira?

Si. Como socia de Coop57 pódense facer novas achegas e/ou solicitar devolucións sempre que se queira. Agora ben, débese ter en conta que, sen que exista unha limitación na cantidade de movementos, Coop57 é un espazo de aforro e non un lugar para ter unha operativa cotiá. Por tanto, non debe ter este uso.

Galego

Se quero recuperar o meu aforro, canto tempo tardaría en recuperalo?

Para recuperar a achega de Coop57 débese solicitar poñéndose en contacto coa súa sección territorial. Non existe ningún tipo de período mínimo de permanencia para as achegas de diñeiro que se facen a Coop57. Pódense recuperar en calquera momento sen ningún tipo de custo, comisión ou penalización.

Aínda así, hai unha diferenza de procedemento entre a parte voluntaria e a parte obrigatoria, se se desexa recuperar a totalidade da achega.

Galego

Páxinas