O Fondo de Garantía de Empréstitos é un fondo que ten por finalidade facer fronte a eventuais impagamentos e que se nutre coas achegas que realizan as entidades socias de servizos cando se lles concede un préstamo. É un fondo solidario xa que se entende como un mecanismo de reciprocidade entre Coop57 e a entidade prestameira na asunción de riscos e mais no bo funcionamento da cooperativa.
Estas achegas calcúlanse en función do importe e o período de amortización do préstamo:
- Empréstitos de menos de 1 ano: 0,5% do importe do empréstito.
- Empréstitos de entre 1 e 3 anos: 0,75% do importe do empréstito.
- Empréstitos de máis de 3 anos: 1% do importe do empréstito.
Este fondo ten as seguintes características:
- Obxectivo: reforzar os fondos propios de Coop57.
- Trátase de achegas ao capital e, por tanto, propiedade da entidade socia.
- Non é un gasto, é un activo.
- Non está remunerado.
- Non se recupera no momento da amortización do préstamo concedido e, por tanto, non ten vencemento.
- A entidade socia só pode solicitar a súa devolución en caso de baixa como socia ou liquidación.
- É unha achega que se pode perder no caso de que se tivese que utilizar para dar resposta a unha situación de quebra.