As asembleas de Coop57 celebráronse en formatos diversos: presenciais, en liña ou semipresencial. Coa Asemblea Xeral Ordinaria do pasado 7 de xullo, completamos o período de encontros de principios do verán. Un total de oito asembleas, sete nas Seccións Territoriais e a última con delegadas de cada territorio. Grazas a todas polo esforzo durante estas semanas!

Durante as asembleas fíxose a presentación das contas do exercicio 2020 e a proposta de distribución dos resultados, cunha explicación de como se adaptou a cooperativa á pandemia e o seu impacto socioeconómico. A conclusión máis importante que podemos extraer das contas anuais do exercicio é que, a pesar da excepcionalidade do 2020, tanto os ingresos como os gastos mantivéronse nunhas magnitudes parecidas ás previstas a principios do ano e conseguíronse os excedentes previstos.

Isto significa que Coop57 puido adaptarse e manter a súa actividade financeira e dar resposta ás persoas e entidades socias, a pesar do contexto cambiante e incerto. A mediados do ano fíxose unha revisión do orzamento para poder adaptar as partidas aos novos retos xurdidos da situación pandémica, o teletraballo e as necesidades cambiantes das socias. En canto ao balance, deuse continuidade aos últimos anos: mantense equilibrado e solvente para seguir afrontando os retos de futuro. Todos os puntos sometidos a votación ratificáronse e a base social da cooperativa aprobou o traballo feito durante o ano 2020, os seus resultados, a distribución de excedentes e o estado financeiro de Coop57.

Nas asembleas, ademais, presentouse as tarefas en curso da Comisión Feminista e da Fundación Coop57. En canto á Comisión Feminista, as diferentes seccións están a traballar en rede, tanto no ámbito da formación en perspectiva de xénero como na atención aos espazos de traballo produtivo-reprodutivo.

En canto á fundación, iniciábase unha nova etapa xusto estreando o 2020. Traballouse para fortalecer a captación de recursos, o modelo de gobernanza interna e a integración na estrutura da cooperativa, e en particular deuse prioridade ás liñas de loita contra a exclusión social e a precariedade laboral. Para ter máis información, podedes consultar as memorias do 2020, tanto da cooperativa como da fundación:   

 

As asembleas foron diversas en canto a formato. Algunhas Seccións Territoriais, por exemplo Asturies ou Aragón, optaron para facelas presenciais e ao aire libre. Por exemplo, no espazo do Bosque-Fungi asturiano. Outras se fixeron cento por cento dixitais, a través da plataforma 'Participa Coop57' e coa ferramenta Big Blue Button -ambas de software libre. En cambio, algunhas se celebraron en formato mixto: cun espazo de encontro presencial que cumprise as medidas de precaución sanitarias e unha retransmisión en directo que ofrecía a posibilidade de participación en liña.

Coas asembleas pechamos o primeiro semestre do ano e empeza a achegarse o período de vacacións. Tanto os órganos políticos, como a base social e o equipo técnico colleremos forzas para afrontar un segundo semestre do ano, seguramente tan cargado de retos como estes pasados seis meses.

Sale en portada general: