Facemos o balance de 2019. O volume de actividade e as cifras que o expresan volveron ser as máis altas da historia de Coop57, tanto a escala de crecemento da base social como de novos empréstitos concedidos. Compartimos con vós o máis destacado.
 
Durante o ano 2019, o crecemento de novas entidades superou as 100 altas de socias de servizos. Nunca Coop57 superara esta cifra simbólica nun só ano. Isto demostra que cada vez máis ámbitos e entidades entenden que é útil e positivo formar parte desta. Que poden resolver as súas necesidades fnanceiras a través da nosa cooperativa e que, ademais, así pertencen a unha gran rede orientada a traballar por unha economía ao servizo das persoas e a transformación social.
 
O ano 2019 pechouse cun total de 945 entidades socias.  Á vez, máis de 300 persoas decidiron sumarse a Coop57 a través de achegas do seu aforro á cooperativa, e así, dotar o seu diñeiro de valor social, sabendo en todo momento o uso e o destino que se lle dará. En total, son 4.371 socias colaboradoras que conforman un aforro colectivo de máis de 40 millóns de euros. No ámbito territorial, as persoas e entidades socias de Coop57 divídense da seguinte maneira:
 
 
Durante 2019 concedéronse máis de 300 préstamos, por un valor total de 19.347.386 euros. O volume de empréstito é o máis alto da historia de Coop57 e confrma unha evolución signifcativa nos últimos tres anos, posto que representa un incremento dun 118% respecto á cifra de 2016 -cando se concederon cerca de 9 millón de euros en préstamos. Tendencia que se mantivo constante nos últimos exercicios.
 
 
Préstamos por tipos de operación

O primeiro bloque recolle todos os préstamos de investimento para o desenvolvemento, consolidación e crecemento da actividade ordinaria da entidade e tamén todos os préstamos relacionados coa vivenda cooperativa. Este 2019 concedéronse 5 millóns de euros destas tipoloxías, superando o 25% do total do fnanciamento concedido. 
 
A categoría de capitalización de cooperativas e de préstamos con vontade de permanencia que reforzan os fondos propios das entidades, facéndoas máis solventes e permitindo que poidan afrontar procesos de crecemento importantes. Estes empréstitos, nun primeiro momento, víronse freados en 2019 pero xa sumaran máis de 1 millón de euros.

Algo máis do 40% dos préstamos teñen que ver co adianto de subvencións e convenios e o endoso de facturas provenientes da prestación de servizos ás administracións públicas. Son adiantos destinados a ofrecerlles liquidez ás entidades para poder executar proxectos pendentes de cobrar.

O último gran bloque ten que ver coa concesión de liquidez que se require para afrontar as necesidades de tesouraría en función da súa actividade.
 
Préstamos por sector de actividade

Desde Coop57 sempre defendemos que queremos transformar a economía e que, polo tanto, non nos cinguimos a uns sectores de actividade concretos. É evidente que hai ámbitos que, pola súa connotación negativa no conxunto da sociedade, queden excluídos do ámbito de Coop57. Pero, entre as entidades de economía social e solidaria, caben todas as actividades económicas. O que fixemos foi agrupalas por sectores de actividade e encontrar unha representatividade do destino do diñeiro dos empréstitos concedidos. O financiamento concedido durante o ano 2019 divídese por sectores da forma seguinte: