Coop57 entrou a formar parte de FEBEA, la Federación Europea de Banca Ética y Alternativa. Esta organización sen ánimo de lucro creouse en 2001 en Bruxelas e traballa para fomentar as fnanzas éticas e sustentábeis no territorio europeo.

O 9 de decembro de 2019, as ofcinas de Coop57 en Barcelona recibiron a visita da comisión avaliadora de FEBEA. Tal e como fan as Comisións Sociais da nosa cooperativa, visitou a sede de Coop57 para avaliar a nosa solicitude de acceso á federación. Durante a visita, ademais de explicar as particularidades de Coop57 e o alcance da cooperativa, púidose facer un percorrido por algúns proxectos fnanciados. Por exemplo, recibíronnos proxectos do barrio barcelonés de Sants. Como o estudio de arquitectura Lacol; a cooperativa de vivenda en cesión de uso La Borda; o restaurante Terra d’Escudella; e o espazo intercooperativo La Comunal, que acolle oito proxectos de economía social e solidaria. Todas estas cooperativas, socias de servizos, recibiron fnanciamento de Coop57 para poder desenvolver os seus proxectos. Son un claro abano de exemplos das iniciativas que a cooperativa apoia.

Unha federación para fomentar a economía transformadora

FEBEA agrupa entidades fnanceiras alternativas de quince países europeos, coa vontade de promover as fnanzas éticas e sociais. As organizacións que forman parte da federación son proxectos innovadores que contribúen, desde os seus territorios, a difundir a importancia e a urxencia de desenvolver modelos fnanceiros baseados na ética e na solidariedade. Á vez, quere fomentar o rol das súas entidades socias como motores de transformación social, sexa directamente coas súas prácticas, ou indirectamente como fnanciadoras de proxectos da ESS.

As organizacións integrantes de FEBEA financian:

• A creación de traballo, en particular desde a economía social e solidaria
• O emprendemento cooperativo
• Os sectores sen ánimo de lucro e participativos
• Proxectos desenvolvidos por colectivos en situación de desigualdade ou en risco de exclusión social 
• Proxectos de desenvolvemento sustentábel e de protección da biodiversidade, fontes de enerxía
• A solidariedade internacional e o comercio xusto

Tecer redes para construír colectivamente

Coop57 amplía fronteiras formando parte por primeira vez dunha rede internacional, neste caso, de ámbito europeo. Esta decisión responde á vontade permanente da cooperativa de trazar estratexias colectivas a favor da transformación social e pola construción dunha economía ao servizo das persoas, que sexa respectuosa coa contorna e o medio. Coop57 xa establecera a relación con entidades similares de ámbito europeo como a NEF en Francia o CREDAL en Bélxica para aprender mutuamente e compartir experiencias. Agora, formando parte de FEBEA estreitamos lazos con estas entidades e con outras 26 iniciativas en rede.