Este 2019, após uns cantos anos de traxectoria como grupo promotor, 18 entidades de economía social e solidaria constituíron formalmente Coop57 Asturies como sétima sección territorial da cooperativa. Deste modo, Coop57 continúa implantándose en varios territorios de acordo cun modelo de crecemento e desenvolvemento en rede que prioriza o arraigo e a autoxestión.

A constitución da sección celebrouse os días 26 e 27 de abril en Xixón e contou co apoio de persoas de Coop57 vindas de todas  as seccións territoriais, que aproveitaron para facer tamén unha reunión do consello reitor. O venres 26, unha vez acabada a reunión, unha cea e unhas actuacións musicais nos locais da Asociación de Veciñas de Santiago de Novo Xixón xeraron o marco para fortalecer o coñecemento mutuo entre integrantes da nova sección territorial e representantes do resto de territorios. 

O sábado 27 fíxose unha asemblea de constitución de Coop57 Asturies na cal presentáronse, unha a unha, as 18 entidades de economía social e solidaria que a promoveron. Son entidades que amosan a diversidade territorial asturiana, desde os tres grandes cascos urbanos (Xixón, Avilés, Ovieu), até os ámbitos rurais do oriente e occidente asturiano, e un amplo abano de sectores de actividade: dinamización comunitaria, transporte e mensaxaría urxente, produción agroecolóxica, comercio xusto, inclusión social, editoriais…
 
A asemblea pechouse cun debate público entre os membros da nova sección asturiana e os doutras seccións territoriais sobre a traxectoria de Coop57 en Asturies. A constitución de Coop57 Asturies foi ratificada por unanimidade na Asemblea Xeral que se celebrou o 1 de xuño en Sevilla. Bienveníes a Coop57!