Unha das máximas da economía social solidaria é que o noso consumo é transformador. Os supermercados cooperativos naceron para promover compras cotiás conscientes e para tecer unha rede entre produtoras e consumidoras. Son organizacións da ESS, onde o peso das decisións está nas consumidoras, á vez escoitando con moita atención as voces das produtoras os grupos de consumo agroecolóxico.

Combinando profesionalización con voluntarismo, estes proxectos implican as persoas que os conforman para que no sexan clientela pasiva, senón axentes activos en toda a estrutura. As socias son propietarias, consumidoras e traballadoras. Queren transformar o modelo de comercialización, venta e consumo dominantes, para pasar a unha opción comprometida coa contorna, transparente, sen afán de lucro, creativa e inclusiva. 
 
Os estantes lembran as tendas de barrio de toda a vida, recuperando formas de facer tradicionais como a venda a granel e os envases reutilizábeis. Nos supermercados cooperativos podemos encher completamente o carro da compra e resolver todas as necesidades dun fogar, desde a cociña ao lavabo. Ofrecen xabóns, froitas e verduras, cosméticos, carne e peixe, conxelados, limpeza, latas de conservas... producidos poñendo a sustentabilidade e o benestar común como eixes centrais. Todo isto, coa incorporación de produtos que as nosas avoas no tiñan na cesta da compra: tofu, utensilios de bambú, algas o kombucha.
 
Varios supermercados cooperativos son socias de servizos de Coop57. Explicámosvos algúns proxectos nacidos recentemente.
 
Supermercado Cooperativo La Osa (Madrid)
 
La Osa abriu as súas portas en decembro. O proxecto nace da experiencia das socias con grupos de consumo ao calor do 15M (2011), que optaron por facer un salto cara a cooperativa de consumo e traballo. A través desta tenda física, mellorarán e ampliarán as súas actividades económicas no sector agroecolóxico e do comercio xusto. Combinando autoservizo e venta  asistida. La Osa ofrece unha ampla gama para cubrir todas as necesidades da cesta da compra a un prezo accesíbel.
 
La Feixa (Catalunya)

Este ano abriu as súas portas en Mataró esta cooperativa de consumo sen ánimo de lucro, autoxestionada e participativa. Nace da necesidade dun cambio de escala das asociacións de consumidoras de produtos ecolóxicos na cidade. Prioriza produtores de proximidade e de proxectos de iniciativa social. Ademais, quere ser espazo de encontro e socialización. Calquera persoa pode adquirir produtos, a pesar de que as socias consumidoras teñen un prezo máis reducido. Para financiar o proxecto, 92 persoas avalaron un crédito de Coop57  mancomunadamente e 57 subscribiron títulos participativos.
 
SupercoopManresa (Catalunya)

Aínda ten que abrir portas, pero xa conta con 700 socias que queren cambiar as formas de consumo actuais. Pon énfase en ofrecer produtos o menos procesados posíbel, saudábeis, que xeren o mínimo residuo e que coiden as condicións laborais de todas as persoas implicadas na cadea de produción. A apertura de Supercoop Manresa cada vez está máis cerca.
Sale en portada general: