Galiza
Cooperativa de Ourense que impulsa proxectos sociais, educativos e xurídicos en Europa, os E.E.U.U. e en Iberoamérica. Ofrecen servizos de acompañamento para a creación de cooperativas, formación en igualdade para escolas, elaboración de plans de igualdade para empresas.
![](https://coop57.coop/sites/default/files/styles/carrusel01/public/1894_256_256_2.jpg?itok=AhQojiVp)
En Intergal traballan para desenvolver aplicacións de xestión á medida, tanto para a administración pública como para empresas privadas.
Están especializados na migración ou integración de vellas aplicacións nas novas tecnoloxías, e en ferramentas para xerar programas e aplicacións e- business dunha forma automática, rápida e segura, traballan na explotación remota de aplicacións (ASP), ou no aloxamento e servizos a empresas de desenvolvemento para usuarios finais a través de internet.
![](https://coop57.coop/sites/default/files/styles/carrusel01/public/2008_256_256_2.jpg?itok=Wi7IQ14H)
Melandrainas Creativa Sociedade Cooperativa Galega nace para dar saída as propias inquedanzas personais, cubrir unha demanda puntual de actividades para o tempo de lecer, desenvolver habilidades e coñecementos propios e como mellora á actual situación laboral das socias cooperativistas.
![](https://coop57.coop/sites/default/files/styles/carrusel01/public/397_256_256_3.jpg?itok=RCl_ni1w)
Cooperativa aberta desde o ano 1994, dedicada á fabricación, reconstrución e reparación de formigoneiras sobre camión de todas as marcas, modelos e tamaños, a nivel nacional.
![](https://coop57.coop/sites/default/files/styles/carrusel01/public/1762_256_256_2.jpg?itok=_RKbKKTg)
MILHULLOA S. COOP. GALEGA. é unha empresa cuxo obxecto social é o cultivo ecolóxico, tanto de plantas medicinais como de hortalizas. Está situada en Palas de Rei (Lugo) á beira do Camiño Frances ao seu paso pola comarca da Ulloa.
![](https://coop57.coop/sites/default/files/styles/carrusel01/public/407_256_256_2.jpg?itok=FbjecLrP)
Un cinema, unha libraría e un laboratorio de deseño, comunicación e produción audiovisual. Somos unha cooperativa de traballo asociado sen ánimo de lucro formada por persoas procedentes de diversos ámbitos da creación e difucsión cultural, que decidimos colaborar para facermos xuntos o que estabamos afeitos a facer por separado.
![](https://coop57.coop/sites/default/files/styles/carrusel01/public/2698_256_256_2.jpg?itok=oZVPEH94)
Cooperativa cultural de Vigo na que traballan desde a súa experiencia nos campos do deseño, a xestión, a produción e a comunicación no mundo cultural. Complementan estes coñecementos coas achegas de socias colaboradoras que dan resposta a demandas máis concretas de servizos fotográficos, audiovisuais, de ilustración, de animación, de son e música, de artes escénicas, pedagóxicos, formativos, de tradución, de interpretación, de gastronomía, de moda...
![](https://coop57.coop/sites/default/files/styles/carrusel01/public/1985_256_256_2.jpg?itok=hoaJWXwO)
Pegadas realiza servizos de xestión cultural, de xestión dixital, e de serigrafía e rotulación. Traballan para empresas, asociacións, e institucións entre outros clientes, e contan cun equipo humano moi profesional.
Dispoñen dun gran catálogo de artigos publicitarios e soportes de comunicación visual así como da maquinaria necesaria para realizar traballos de serigrafía, tampografía, impresión dixital de gran formato e rotulación.
![](https://coop57.coop/sites/default/files/styles/carrusel01/public/1987_256_256_2.jpg?itok=KqRgs5Fn)
Rexenerando é unha cooperativa de traballo asociado composta por un equipo aberto, dinámico e multidisciplinar. Especialistas en igualdade, servizos sociais, formación, cultura e dinamización de grupos. Contan cunha ampla experiencia traballando na Administración Pública, en sindicatos, ONG´s e en consultorías. Aúnan esforzos, ilusións e sinerxias para ofrecer unha carteira de servizos moi variada, completa e de altísima calidade.
![](https://coop57.coop/sites/default/files/styles/carrusel01/public/2330_256_256_2.jpg?itok=JndVsu3n)
Ribeira do Navia é unha cooperativa de traballo asociado, nacida no ano 2011 en Negueira de Muñiz. As persoas socias xa viñan desenvolvendo as actividades de produción ecolóxica de froitas e verduras para a elaboración artesanal de zumes e conservas vexetais. A actividade cooperativizada a través da cooperativa tamén inclúe actividades comerciais e de restauración.