Galiza

Andaina é unha cooperativa centrada na educación.
A misión
A súa misión é a educación e formación das persoas en todos os ámbitos da vida, acompañándoas na súa aprendizaxe para ser cidadáns/ás comprometidos/as e responsables mediante un proxecto innovador e baseado na cultura cooperativa.
Os valores polos que se rexen.
– Participación democrática e responsable mediante o compromiso e a cooperación.

Aqueladas é espazo que procura un emprego sustentable e de calidade no eido cultural para as súas socias, con proxectos cun alto potencial transformador cunha ollada multidisciplinar, transversal, innovadora e feita coas novas linguaxes dixitais.

ARDORA é unha cooperativa de traballo de profesionais das ciencias experimentais e sociais. Unha empresa de economía social, baseada nos principios de funcionamento democrático, autoxestión e igualdade, prima o traballo de calidade e o desenvolvemento sostible. Cremos na intercooperación e colaboramos con outras entidades da economía social.

A cooperativa nace pola vontade común das socias de asegurar a viabilidade dos proxectos de produción primaria mediante a transformación e a comercialización de leite de produción ecolóxica.

A Marcha Mundial das Mulleres é un movemento internacional de accións feministas que reúne grupos, organizacións de base e mulleres que traballan para eliminar as causas da pobreza e da violencia contra as mulleres. Loitamos contra todas as formas de desigualdade e discriminación cara ás mulleres. Os nosos valores e accións oriéntanse a un cambio político, económico e social.

Arousa en Transición é una asociación galega sen ánimo de lucro, que busca mudar o modelo de consumo enerxético na procura de novas estratexias e medidas para acadar a descarbonización e a transición ás enerxías limpas e tamén para combater a pobreza enerxética.

Somos unha asociación sen ánimo de lucro que traballa en prol da xustiza social, do cumplimento dos dereitos humanos. En “Arraianas” entendemos a fronteira como un espazo de confluencia, un lugar permeable no que se producen intercambios e movementos de persoas, culturais, de saberes e/ou experiencias.

Apoia e representa ás familias galegas nas que a responsabilidade da crianza recae integramente nunha soa persoa, defendendo os seus dereitos e os dos seus fillos e fillas, reivindicando equidade, visibilidade e igualdade para este modelo de familia, ante a sociedade e ante as institucións.
REAS ten como misión fundamental potenciar a Economía Solidaria como un instrumento que permita desenvolver unha sociedade máis xusta e solidaria camiñando cara ao desenvolvemento sustentable e tendo en conta a interdependencia do económico, o social, o ambiental e o cultural

Viraventos naceu no ano 2007 para dar acollida e orientación aos colectivos inmigrantes chegados a Galicia, porque cremos na igualdade entre persoas e culturas. Tras case dez anos de experiencia queremos consolidar proxectos de convivencia e intercambio cultural entre galegos e galegas de aqui e de acolá, para axudar a construír o futuro dun País enriquecido pola súa diversidade.

