Coop57 leva a cabo unha actividade financeira entre as súas socias como cooperativa de servizos. Non é un banco e non está sometida a regulación bancaria e, por tanto, non dispón da cobertura do fondo de garantía de depósitos do Banco de España. 

Entón, como garantimos o teu aforro?

A primeira e mellor garantía, aínda que poida parecer obvia, é que o proxecto estea ben xestionado, con procesos transparentes e de rigor financeiro. Con máis de 27 anos de historia, nunca ningún socio ou socia perdeu nin un céntimo das súas achegas. A nosa porcentaxe de falla de pagamentos é moi baixo (inferior ao 2%) e, ata agora, cada exercicio económico se puidemos pechalo cun excedente que permitiu ir fortalecendo a solvencia do proxecto.

Adicionalmente, ao longo dos anos, artelláronse varios mecanismos internos para garantir,  ao máximo posible, as achegas dos socios e socias. Podes consultalas aquí:

Garantías para o teu aforro

Todas estas medidas van encamiñades a garantir, ao máximo posible, as achegas dos socios e socias de Coop57.