Ao longo dos anos, artelláronse diversos mecanismos internos para garantir, oa máximo u posible, las achegas dos socios e socias :
- Anualmente dótanse, ao máximo posible, as provisións (aquel diñeiro que se reserva para facer fronte a posibles eventualidades) para posibles impagados.
- Destina o 100% dos beneficios a reservas.
- Trabállanse as mellores garantías posibles nos préstamos concedidos para minimizar a falla de pagamentos, desde a implicación colectiva e o sostemento colectivo do risco.
- Esixe ás entidades que reciben financiamento que fagan achegas adicionais para nutrir un fondo solidario chamado Fondo de Garantía de Empréstitos, para afrontar a posible falla de pagamentos.
- Acouta a cantidade máxima dos préstamos que pode recibir unha entidade socia e, así, limítase e distribúese o risco.
- Transparencia e información: os socios e socias podedes coñecer adecuadamente e en todo momento a situación económica da cooperativa.
Ata a actualidade, coas provisións que cada ano se estiveron dotando, puideron absorber os impagos que se foron sucedendo. Por tanto, o restou de medidas nunca se tiveron que utilizar e só se usarían se fixese falla, para evitar que as achegas de aforro se visen afectadas.