Produto para a adquisición ou posta en funcionamento de locais sociais propios de entidades socias de servizos de Coop57

Trátase de facilitar o acceso das entidades a un local que permita desenvolver a súa tarefa. Só se financiarían locais directamente vinculados coa actividade principal da entidade.

 

Defínense dúas tipoloxías de financiamento:

Adquisición: Produto para a adquisición ou posta en funcionamento de locais sociais propios de entidades socias de servizos de Coop57.

Importe máximo: 1.000.000 euros.

Investimento: Produto para facer investimentos en locais en propiedade, cesión ou alugueiro de entidades socias de servizos de Coop57.

 

Importe e prazos por operación:

  • Importe máximo: 600.000 euros.
  • Prazo máximo: 15 anos.
  • Posibilidade de carencia (12 meses máximo).
  • Posibilidade de reembolso anticipado.

Condicións e garantías:

  • Financiamento ata o 80% do total. Financiamento con fondos propio mínimo dun 20% do custo total do proxecto.
  • Achega ao Fondo de Garantía de préstamos.
  • Garantías da operación a convir coa Comisión Técnica na análise do préstamo.

Custo Financeiro e Comisións:

  • Entre un 3,65% e un 4,65% anual (adquisición) e 4,25% (investimento) por determinar en función das garantías que se poidan establecer.
  • Sen comisións de apertura nin estudo.
  • Sen penalizacións por amortización anticipada nin outro tipo de gastos.