Coop57 ofrece servizos complementarios aos socios e socias de Coop57 mediante o desenvolvemento de diferentes ferramentas que permitan un mellor e máis áxil funcionamento da cooperativa.
Nas seguintes pestanas pódelos encontrar detallados.
Que é a oficina virtual
A oficina virtual é un servizo a disposición das socias e socios de Coop57 co propósito de lles ofrecer a posibilidade de realizaren consultas e faceren operacións. O obxectivo é axilizar e facilitarlles os diferentes procesos e operacións a todas as socias e socios da cooperativa.
Na oficina virtual pódese:
- Consultar o estado da conta.
- Consultar o histórico de movementos.
- Realizar novas achegas.
- Solicitar devolucións.
- Tramitar a alta e/ou a baixa de achegas periódicas.
- Actualizar os datos de contacto.
- Consultar a información fiscal sobre as remuneracións aplicadas ás achegas.
- Realizar outras consultas.
Rexistrarse a oficina virtual
A oficina virtual é un servizo para os socios e socias de Coop57 e, por tanto, para poder acceder a ela débese ser socio ou socia da cooperativa.
Para te inscribires na oficina virtual, debes cubrir o seguinte formulario:
Acceder a oficina virtual
Manual de uso da oficina virtual
Para ver o funcionamento e funcionalidades da oficina virtual e resolver dúbidas podes consultar o manual de uso da oficina virtual.
Para acceder ao manual da oficina virtual, fai "clic" na imaxe.
Existe un acordo de colaboración e intercooperación entre CAES (Cooperación para o Seguro Ético e Solidario) e Coop57 para impulsaren o desenvolvemento das finanzas éticas e solidarias. Este acordo enmárcase na construción do sistema de finanzas éticas.
A coincidencia estratéxica entre CAES e Coop57 na potenciación da economía social e solidaria, así como na construción do mercado social e do sistema de finanzas éticas, levou as dúas entidades a chegar a un acordo de colaboración orientado ás persoas e entidades socias de Coop57.
CAES, proxecto de colaboración entre as corretorías de seguros Arç e Seryes, ten o obxectivo de desenvolver os seguros para empresas e entidades da economía social e solidaria e a través dos servizos de consultoría e corretaxe, as corretaxes ofrecen programas integrais de seguros e promoven o seguro ético e solidario a través do selo EthSI.
Este acordo tenta reforzar e promover o concepto de seguro ético e solidario e polo en práctica desde os valores e prezos cooperativos que ofrecen as negociacións colectivas.
Para saber máis sobre os servizos de seguros éticos e as condicións en que se ofertan para os socios de Coop57, podes consultarlo na web de CAES.
Aposta, SCCL é unha escola de formación continua que pretende dar resposta a necesidades reais ofrecendo tanto formación en aspectos que se derivan da propia actividade laboral como formación específica en temas cooperativos e xestión empresarial, para o cal emprega contidos e metodoloxía completamente adaptados a cada caso.
Nesta liña de potenciar o cooperativismo e dotar o sector de máis capacidades, Aposta e mais Coop57 chegaron a un acordo de colaboración polo que as socias e socios de Coop57 gozan de vantaxes se decidiren acceder ás actividades formativas que ofrece Aposta, SCCL.
Estas vantaxes son as seguintes:
- 10% de desconto en toda a oferta formativa, quer en formato aberto, quer a medida
- 10% de desconto nos servizos de consultoría de formación
Podes consultar a oferta formativa de Aposta facendo clic na imaxe seguinte: