Un camiño longo de construción colectiva da estratexia antiacoso de Coop57.

No ano 2019, a Comisión Feminista de Catalunya cuestionouse necesidade de elaborar un protocolo de prevención do acoso sexual ou discriminatorio para Coop57. Era un aspecto que a Comisión Social valoraba positivamente nas entidades que solicitaban ser socias de servizo, xa que evidenciaba un compromiso maior das organizacións á hora de afrontar as violencias machistas.

En paralelo, comeza a articulares a Comisión Feminista Somos Todas, con mulleres socias e traballadoras de diferentes seccións de Coop57. A finais de 2020, esta comisión ampla asume a elaboración do protocolo como parte importante do seu plan de traballo.

A comisión puxo no centro a metodoloxía de construción do protocolo, xa que non podía ser un mero trámite a cumprir, senón un proceso compartido, de forma que se consensuase o contido e a maneira de converter esta documentación nunha ferramenta de afondamento no compromiso de toda a organización.

Tras comezar a traballar sobre un borrador, con base no protocolo antiacoso da Fede.cat, chegouse á conclusión que era necesario un acompañamento externo que apoiase o proceso de traballo. Entón, solicitouse a Creación Positiva, socia de Coop57 Catalunya e referente na abordaxe das violencias machistas, un presuposto para estimar as características e custo do acompañamento. Tamén se incluíu a precisión das formacións que serán necesarias na futura implementación do protocolo.

Durante un ano e dous meses, a Comisión Feminista Somos Todas fixo reunións de coordinación e sesións de traballo con Creación Positiva. Ademais, toda a comisión feminista reuniuse unha vez ao mes nun proceso de creación, deliberación e consenso, que finalizou coa redacción do “Protocolo de prevención e actuación en situacións de acoso sexual ou discriminatorio, por razón de sexo, por razón de orientación sexual e/ou por razón de identidade/expresión de xénero no entorno laboral e marco cooperativo”. O traballo presentarase nas asembleas de febreiro de 2022.

O proceso no só serviu para xerar este documento, senón tamén –e isto é moi importante- facilitou que as integrantes da Comisión Feminista Somos Todas se coñezan máis, xa que ofreceu a oportunidade de compartir miradas e formas de facer na creación dun proxecto colectivo.

O esforzo foi grande, tendo en conta ademais que a pandemia da Covid-19 imposibilitou encontrarse presencialmente. A Comisión Feminista Somos Todas considera que todas estas enerxías pagaron a pena. Ademais, agradeceuse o bo acompañamento de Creación Positiva xa que durante o camiño viuse que, sen este apoio, seguramente habería baleiros ou debilidades no proceso.

A Comisión Feminista Somos Todas traballou co horizonte de que este protocolo se aprobe como documento referente nas Asembleas Xerais Extraordinarias das Seccións Territoriais e de Coop57 este 2022. Agora queda a seguinte parte, que é moi relevante: a formación e aplicación das medidas preventivas sinaladas no protocolo, para que este sexa unha ferramenta viva e útil.

Sale en portada general: