O Bar Dijous é un proxecto de restauración cooperativa na rúa Consell de Cent de Barcelona, un dos eixos máis céntricos da cidade e actualmente inmerso nun forte proceso de xentrificación. No medio desta transformación, un grupo de persoas quixeron abrir un espazo diferente: un restaurante que recuperase receitas da cociña tradicional catalá e que se arraigase no barrio e na comunidade da contorna.
O Bar Dijous é unha cooperativa de traballo que, de momento , conta con dúas socias traballadoras e dezaseis socias colaboradoras, a maioría vinculadas a movementos sociais de base do territorio. Ademais, tamén contan cunha comunidade de apoio de máis dun centenar de persoas que lles avalan e apoian con pequenas achegas económicas, organizando actividades ou dando un golpe de man na difusión do proxecto.
Máis aló da carta, o Bar Dijous quere ser un lugar de encontro no barrio: un espazo onde tomar un café, sentar e charlar cos veciños nunha rúa onde cada vez escasea máis este comercio de proximidade. Tal como explican desde o proxecto, é unha maneira de facer as cousas de forma diferente a como o fan os grandes grupos de hosteleria que dominan a zona.
Grazas ao financiamento de Coop57, un préstamo de investimento de 120.000,00 € a 10 anos e unha póliza de crédito de 40.000,00 € para cubrir a tesouraría dos primeiros meses, a cooperativa puido asumir o traspaso do local e as obras de mellora necesarias para ampliar a capacidade e renovar a cociña. Sen este financiamento, explican desde o proxecto, non poderían dar o paso: “O préstamo de Coop57 permitiunos existir, basicamente”.”.
Desde o proxecto tamén destacan o papel de Coop57 como ferramenta de “crowdfunding”, posto que, o feito que os préstamos conten co aval dunha comunidade de persoas socias é o que, para eles, dota de sentido este modelo de financiamento ético.




