Os aforros en Coop57 convértense en proxectos transformadores. Sumar para construír unha economía ao servizo das persoas!
Coop57 é unha cooperativa de servizos financeiros que ofrece unha opción de aforro transformador para persoas e entidades, e un servizo de préstamos para organizacións da economía social e solidaria.
En Coop57 o teu diñeiro dótase de valor social e canalízase para fortalecer proxectos de cooperativas, asociacións, fundacións e empresas de inserción, entre outros, que, diariamente, traballan por unha economía ao servizo das persoas.
En xuño de 2022, temos 32 millóns de euros concedidos en préstamos que financian iniciativas de vivenda cooperativa, feministas, de transición enerxética e mobilidade sostible, de loita contra a exclusión social, o ecoloxismo, o antirracismo, a agroecoloxía, a comercialización xusta, a restauración cooperativa, o desenvolvemento comunitario, a cultura, a educación, etc.
Se buscas un espacio donde gardar os teus aforros e contribuír á construción de alternativas desde as finanzas éticas, únete a Coop57!
Pon os cartos onde estean as túas ideas!
Preguntas frecuentes Coop57 | Aforrar en Coop57
COMO SE AFORRA EN COOP57?
Os aforros fanse en forma de achegas ao capital social da cooperativa. Hai unha parte obrigatoria (300 euros) que é a cantidade mínima establecida para estar dada de alta como socia colaboradora de Coop57.
Estes 300 euros deben manterse aforrados mentres formes parte da cooperativa e devólvense se solicitases a baixa. Non se trata de ningunha cota ou gasto. É un saldo mínimo que debes manter aforrado en Coop57 para ter a condición de socia colaboradora de Coop57.
O resto do aforro considérase achega voluntaria. Podes dispor deste diñeiro en calquera momento sen causar baixa. Tamén podes facer novas achegas ou solicitar devolucións cando o desexes. E se o prefires, podes programar achegas periódicas automáticas aos teus aforros. A achega voluntaria está suxeita a remuneración que, anualmente, decide a asemblea xeral de Coop57.
Aforrar en Coop57 non implica ningún gasto nin comisión de mantemento.
Actualmente, somos máis de 5.000 socias colaboradoras!
Formulario de alta como socio ou socia colaborador de Coop57
PODO TER TARXETA S, REALIZAR DOMICILIACIÓNS OU SACAR CARTOS DE CAIXEIROS?
Somos unha cooperativa de servizos financeiros e, como tal, non somos un banco. Non ofrecemos operativa cotiá -tarxetas, domiciliaciónss de nóminas ou facturas, caixeiros, etc.-, senón un espazo de aforro para persoas físicas e un servizo de financiamento para entidades que se fagan socias da cooperativa.
Isto non quere dicir que non poidas xestionar o teu aforro e ter unha operativa asociada posto que poderás facer novas achegas e/ou solicitar devolucións sempre que o queiras ou o necesites. Simplemente, é necesario que manteñas unha conta corrente de referencia. Por exemplo, se queres retirar parte da túa achega, realizaríase a través dunha transferencia bancaria na túa conta corrente.
Para levar a cabo esta operativa asociada ao teu aforro, ver o estado da túa achega, consultar o histórico de movementos, ver os rendementos anuais ou dispor da información fiscal, poderás usar unha OFICINA VIRTUAL que está a disposición dos socios e socias de Coop57.
COMO USAREDES OS MEUS CARTOS?
Os aforros en Coop57 destínanse a conceder préstamos exclusivamente a entidades da economía social e solidaria (ESS) que xeran un impacto positivo para a sociedade co desenvolvemento da súa actividade. Trátase de organizacións que superaron unha rigorosa avaliación ética e social para poder darse de alta como socias de servizos da cooperativa e acceder aos servizos financieros de Coop57. Proxectos que traballan para unha economía que constrúe realidades más xustas, equitativas e sustentables.
Como socia de Coop57, recibirás información detallada e regular de todos os proxectos financiados e que uso se lle dá aos teus cartos.
Actualmente, hai más de 1.000 socias de servizos, entre cooperativas, fundacións, asociacións, empresas de inserción social, etc. Durante o ano 2021, Coop57 concedeu máis de 23 millóns de euros en novos préstamos, grazas ás achegas das socias.
Sen o teu aforro, todo isto non sería posible!
CAL É A SEGURIDADE QUE TEN O MEU AFORRO?
Coop57 leva a cabo unha actividade financeira entre as súas socias como cooperativa de servizos. Non é un banco e non está sometida a regulación bancaria e, por tanto, non dispón da cobertura do fondo de garantía de depósitos do Banco de España.
Entón, como garantimos o teu aforro?
A primeira e mellor garantía, aínda que poida parecer obvia, é que o proxecto estea ben xestionado, con procesos transparentes e de rigor financeiro. Con máis de 27 anos de historia, nunca ningún socio ou socia perdeu nin un céntimo das súas achegas. A nosa porcentaxe de falla de pagamentos é moi baixo (inferior ao 2%) e, ata agora, cada exercicio económico se puidemos pechalo cun excedente que permitiu ir fortalecendo a solvencia do proxecto.
Adicionalmente, ao longo dos anos, artelláronse varios mecanismos internos para garantir, ao máximo posible, as achegas dos socios e socias. Podes consultalas aquí:
Todas estas medidas van encamiñades a garantir, ao máximo posible, as achegas dos socios e socias de Coop57.
TEÑO MÁIS PREGUNTAS, ONDE PODO SABER MÁS?
Podedes ler máis no apartado de Preguntas Frecuentes da nosa web.
Tamén podedes escribirnos por correo electrónico para facernos as vosas consultas:
Coop57 Andalucía: andalucia@coop57.coop
Coop57 Aragón: aragon@coop57.coop
Coop57 Asturies: asturies@coop57.coop
Coop57 Catalunya: catalunya@coop57.coop
Koop57 Euskal Herria: euskalherria@coop57.coop
Coop57 Galiza: galicia@coop57.coop
Coop57 Madrid: madrid@coop57.coop
Otros territorios o Coop57 General: coop57@coop57.coop